viernes, 12 de agosto de 2016

#libros #urbanismo | A Galicia urbana

A Galicia urbana / Rubén C. Lois, Daniel Pino (coordinadores).
Xerais de Galicia, Vigo : 2015.
755 p. : il.
ISBN 9788499149301

Ciudades -- Galicia.
Ordenación del territorio -- Galicia.
Urbanismo -- Galicia.
Sbc Aprendizaje A-711.4(460.11) GAL
http://millennium.ehu.es/record=b1842903~S1*spi

O crecemento das cidades e dos seus espazos urbanos periféricos constitúe a principal novidade na organización territorial de Galicia desde mediados do século XX. A intensidade deste proceso de concentración do efectivo humano, da actividade económica e da artificialización do solo xustifica que, na actualidade, Galicia se defina como unha realidade urbana.Un proceso de urbanización que non se realizou con toda a orde nin bo senso que cabería agardar, e que nos seus aspectos centrais foi obxecto de estudo por parte de arquitectos, xeógrafos, sociólogos, antropólogos, historiadores, especialistas en dereito ou no medio ambiente que, xunto a colegas doutras procedencias, investigaron as diversas faces da Galicia urbana.Precisamente, este achegamento multidisciplinar é o que se pretende reflectir no libro ‘A Galicia urbana’.

No hay comentarios:

Publicar un comentario